lunes, 3 de junio de 2019

CHARLA : ESTEREOTIPOS SEXISTAS Y PUBLICIDAD





ESTEREOTIPO DE GÉNERO: Se trata de imágenes, ideas o representación mentales simples y rígidas que un grupo social tiene de otro colectivo o grupo. Se basan en ideas preconcebidas que distorsionan la realidad porque seleccionan o hacen énfasis en unos atributos en detrimento de otros; a partir de unos pocos rasgos, nos hacemos una idea de los individuos y establecemos unas expectativas de comportamiento.

Ni todos los hombres son machistas, ni todos los andaluces son vagos, ni las rubias son memas…

La publicidad utiliza los estereotipos porque le son útiles. y esto es así por un doble motivo: por un lado, el escaso espacio o tiempo para narrar o emitir un anuncio, lo que le obliga a recurrir a imágenes convencionales que le sean cercanas a la audiencia y las pueda entender fácilmente y por otro, como estrategia informativa los anuncios utilizan más los aspectos emocionales que racionales, lo que hace que por un lado nos impacten de una forma casi inconsciente y a su vez se eviten enfrentamientos entre el mensaje publicitario y la audiencia.

No era la primera vez que trabajábamos los estereotipos de género en la publicidad, habíamos visto como en algunos anuncios el hombre se asociaba a las ideas y a la acción y la mujer al cuerpo y los adornos: https://www.youtube.com/watch?v=jn6KPz2mGOI
 
Hoy miércoles 29 de mayo, conocimos la visión sobre este tema de  Gela Sánches Albornoz y nos ha dado mucho que hablar.






viernes, 26 de abril de 2019

VIOLENCIA DE XÉNERO NO CONTEXTO DIXITAL

Hoxe, 26 de abril no IES FONTEM ALBEI...

Moitas veces caemos no erro de describir a realidade baseándonos en experiencias concretas de xente coñecida da nosa contorna. Precisamente por iso, ter a oportunidade de abrir a mente escoitando as reflexións de Íñigo Zaballos, psicólogo experto de Pantallas Amigas, sobre o uso responsable e respectuoso das redes sociais e as novas tecnoloxías, foi para o alumnado de 3º e 4º da ESO,  una experiencia moi positiva, tanto que non querían deixar de escoitalo.

Tomar conciencia de que non hai límites espacio-temporais, de que non hai volta atrás, de que una vez compartida a foto, ou o dato ou comentado nas redes, feito está.

E moi importante, antes de facelo, ponte no lugar dos demáis.


jueves, 25 de abril de 2019

OBRA DE TEATRO "GOLPES"

O día 13 de marzo, visitounos a compañía de teatro Aantena para representar a súa obra "Golpes". 

Nela, recréase a vida dunha rapaza que sufriu malos tratos por parte do seu mozo e a súa posterior deriva a consecuncia das secuelas que lle provocou unha relación baseada nunha idea equivocada do que debía ser unha relación de parella "saudable".

Pese as dificultades para saír dese labirinto no que non sabía nin como entrara, Pamela énchese de valor e consegue reconducir a súa vida.



jueves, 11 de abril de 2019

Hoxe 11 de abril saiu publicado en Cartas al director de EL Progreso, un reivindicativo artigo da nosa alumna de 4º de ESO Uxía Castro. Parabéns Uxía!


martes, 19 de marzo de 2019

PRESENTACIÓN DO LIBRO PALABRA DE BRUXA

Tivemos a gran fortuna de ter entre nós unha muller fonsagradina: ANDREA BARREIRA FREIJE,  que veu presentarnos o seu novo libro PALABRA DE BRUXA.

Aínda que a súa visita non puido ser no 8M, o día que veu (o 11 de marzo) celebramos igualmente o día da muller, xa que é un personaxe feminino a protagonista deste engaiolante libro.

PALABRA DE BRUXA  transporta ao lector a un pasado no que moitas mulleres eran xulgadas pola Inquisición ao seren inxustamente acusadas de bruxas, como é o caso de Berenice , personaxe principal da obra.

Andrea compartiu con nós toda a súa sabedoría sobre este tema, así explicou que tipo de mulleres eran consideradas bruxas daquela , cal era a primeira proba que lle facían para saber se realmente o eran e que macabras prácticas lle facían para tratar de arrincar a súa confesión.

Todo isto refllíctese perfectamente no libro, pero ademais a autora adéntranos de maneira maxistral nos sendeiros das emocións e sentimentos dos personaxes facendo que o lector os acolla como propios, tocando a nosa fibra sensible

É ademais unha novela que, aínda que se encadra no pasado, fai un alegato feminista moi forte; preséntanos a mulleres de diferentes idades; pero todas elas sabias. dignas, xenerosas e cun estilo de vida sempre acorde ás regras da nai natureza, a única deusa recoñecida por elas. É, precisamente, por sairse das normas,polo que eran marxinadas e, como o resto das mulleres, consideradas inferiores aos homes.

Non podemos deixar de recoller aquí unhas palabras saídas dos beizos da protagonista, Berenice: "Confeso non ser nin sentirme insignificante, menos válida, incapaz ou calquera outro termo absurdo que se vos pase pola cabeza polo feito de ser muller, Nin tan siquera creo que teña calidades menores á dun home"

Á presentación asistiu alumnado dos cursos que van desde 2º da ESO ata 2º BAC. E moitos deles fixeron preguntas a Andrea e, cando rematou o acto, dixeron que quedaran con ganas de facer máis e que se lles pasara o tempo enseguida. Un moi bo sinal de que lles gustou.

Desde aquí animamos a todo o mundo a que se adentre nesta lectura que non deixa indiferente ao lector e apoiamos a esta xove autora, desexándolle moitos éxitos coa súa literatura e que, por suposto, volva de novo a ilustrarnos e a compartir momentos tan especiais con nós.

O RUEIRO DA FONSAGRADA : 7 a 1

Cal é o criterio para elixir nunha cidade o nome das rúas é para nós unha incógnita que non imos despexar na clase de matemáticas. Pero o que si fixemos nunha das clases sobre fraccións en 1º da ESO, foi analizar a presenza de nomes de mulleres no rueiro da nosa localidade e comparar as fraccións que representaban  o número de rúas con nomes de mulleres e homes sobre o total. O resultado foi o seguinte:
            Rúas con nome de home: 7 sobre 32
            Rúas con nome de muller: 1 sobre 32 
Esta comparativa deunos moito que falar os de 1º de ESO...  



8M, TETRAEDROS CON MENSAXE

Outra vez máis a alumnado do centro debuxou e escribiu nas caras dun tetraedro, un poema, unha frase ou unha imaxe de felicitación e homenaxe á muller. Deste xeito xuntamos as 64 pirámides que precisábamos para construír  o Tetraedro de Sierpinski.  Estes son o proceso é mailo resultado final:




 




 


8M, MULLERES PROTAGONISTAS: WOMEN´S DAY



A realidade en que vivimos construímola tanto homes como mulleres, non obstante durante séculos só soubemos  o relato do que facían os homes, contado polos propios homes. Por iso, dende o IESP Fontem ALbeis quixemoso visibilizar, reivindicar e valorar as aportacións que fixeron algunas mulleres con traxectorias ben diferentes á historia do coñecemento e da construcción social.

Para ilo o Departamento de Inglés organizou a actividade “Women who made a difference” na que se pedía ao alumnado que identificasen a 10 coñecidas mulleres da historia por medio dunha fotografía.

domingo, 10 de marzo de 2019

8M

Cada 8 de marzo a sociedade levanta a súa voz para visibilizar a importancia das mulleres e de paso lembrar que non sempre foi así.

Nós non queríamos ser menos e por iso mesmo nos sacamos esta foto.

Moitas veces falamos do teito de cristal sen profundizar realmente no seu significado:
 
Definición de TEITO DE CRISTAL: son as barreiras invisibles con que se atopan as mulleres cando tentan abrirse paso na súa carreira profesional e progresar cara otros postos laboráis de maior responsabilidade. 

 

lunes, 4 de marzo de 2019

Cartel gañador

Non foi ningún dos nosos carteis os que se usarán pola Xunta de Galicia para a conmemoración do día Internacional da Muller, pero temos que recoñecer que tamén nos gustan.

lunes, 18 de febrero de 2019

CONCURSO CARTEIS 8M

O noso alumnado, guiado pola profesora Camino Casabella,  quixo facer a súa contribución ao fomento da igualdade de xénero e animouse a participar no concurso que a Secretaría Xeral da Igualdade convoca para o deseño do cartel que se usará como imaxe institucional na conmemoración dese día.



Velaquí tedes algún dos carteis que se fixeron: