jueves, 25 de abril de 2019

OBRA DE TEATRO "GOLPES"

O día 13 de marzo, visitounos a compañía de teatro Aantena para representar a súa obra "Golpes". 

Nela, recréase a vida dunha rapaza que sufriu malos tratos por parte do seu mozo e a súa posterior deriva a consecuncia das secuelas que lle provocou unha relación baseada nunha idea equivocada do que debía ser unha relación de parella "saudable".

Pese as dificultades para saír dese labirinto no que non sabía nin como entrara, Pamela énchese de valor e consegue reconducir a súa vida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario