viernes, 26 de abril de 2019

VIOLENCIA DE XÉNERO NO CONTEXTO DIXITAL

Hoxe, 26 de abril no IES FONTEM ALBEI...

Moitas veces caemos no erro de describir a realidade baseándonos en experiencias concretas de xente coñecida da nosa contorna. Precisamente por iso, ter a oportunidade de abrir a mente escoitando as reflexións de Íñigo Zaballos, psicólogo experto de Pantallas Amigas, sobre o uso responsable e respectuoso das redes sociais e as novas tecnoloxías, foi para o alumnado de 3º e 4º da ESO,  una experiencia moi positiva, tanto que non querían deixar de escoitalo.

Tomar conciencia de que non hai límites espacio-temporais, de que non hai volta atrás, de que una vez compartida a foto, ou o dato ou comentado nas redes, feito está.

E moi importante, antes de facelo, ponte no lugar dos demáis.


jueves, 25 de abril de 2019

OBRA DE TEATRO "GOLPES"

O día 13 de marzo, visitounos a compañía de teatro Aantena para representar a súa obra "Golpes". 

Nela, recréase a vida dunha rapaza que sufriu malos tratos por parte do seu mozo e a súa posterior deriva a consecuncia das secuelas que lle provocou unha relación baseada nunha idea equivocada do que debía ser unha relación de parella "saudable".

Pese as dificultades para saír dese labirinto no que non sabía nin como entrara, Pamela énchese de valor e consegue reconducir a súa vida.



jueves, 11 de abril de 2019

Hoxe 11 de abril saiu publicado en Cartas al director de EL Progreso, un reivindicativo artigo da nosa alumna de 4º de ESO Uxía Castro. Parabéns Uxía!