Dende a web www.xuventude.net nos chega esta información sobre unha campaña que realizaron as fundacións ONCE, Legálitas e "Deporte Joven" denominada #AmorNOesControl, que pretende identificar diferentes condutas delituosas, relacionadas coa ciberviolencia de xénero entre adolescentes, co obxectivo de que eles mesmos as recoñezans, non as permitan e as denuncien.
Moitos mozos e mozas só entenden como violencia de xénero as condutas de violencia física, con esta campaña pretendese que identifiquen outras condutas que son moi frecuentes, sobre todo coas redes sociais e que son calificadas como delito, ainda que non causen dor físico. Entre elas o stalking ou espreita ou o sexting ou ciberacoso.
Podes consultar todala información sobre esta campaña tanto na web de Xuventude como na propia web da campaña, na que recollen nunha serie de vídeos cos que a campaña #AmorNOesControl quere contribuír a sensibilizar aos máis novos. Ademais de nas redes.

