viernes, 23 de noviembre de 2018

25N


Outra das actividades que lles propuxemos ao alumnado para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia sobre a muller, consistiu en invitarlles a reflexionar sobre as causas e as consecuencias deste tipo de violencia. Os obxectivos que nos marcamos foron os seguintes:


- Traballar a educación en valores, a empatía e o rexeitamento da violencia de xénero.

- Fomentar no alumnado a sensibilización, o debate e a reflexión sobre comportamentos e contidos sexistas.





A continuación, pedíuselles que plasmasen esas reflexións sobre as caras dun tetraedro, co propósito de xuntalos todos e construír o fractal matemático coñecido como “Tetraedro de Sierpinski”.

Logo de varias semanas de traballo, este foi o resultado final.

 
Moitas gracias a todos polas vosas aportacións, xa vedes que por pequenas que vos pareceran eran indispensables para que o fractal final se tivera en pé... 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario